Festa da horta Ribadeo 2012

Festa da Horta Ribadeo 2012
 
A praza de abastos de Ribadeo será escenario o vindeiro domingo, 30 de setembro, da décima edición da Feira da Horta que organizan o Concello e a asociación de produtores A Sucadoira. A cita conta coa colaboración de ACISA a través da sección de hostalería.
 
A X Feira da Horta dará comezo ás 9 da mañá coa apertura dos postos dos produtores. Ás 11 haberá música en directo da man dun grupo de gaiteiros Soutoximaro. Ás 11:30 terá lugar un obradoiro lúdicos dirixido aos máis pequenos entorno á producción agroecolóxica. A partires das 12 o xefe do servizo de Calidade Agroalimentaria da Xunta, José Mouriño Cuba, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, realizarán unha intervención na Feira da Hora, «á que seguirá unha das primeiras novidades desta cita que será a cociña en directo da que poderemos disfrutar, elaborada con produtos da zona e con degustación dos mesmos. Para este Ribadeo degusta contamos coa colaboración de dous cociñeiros de Ribadeo, José Blanco do restaurante La Solana, e Manuel López Valencia do hotel restaurante Voar», segundo explicou Ana Martínez.
 
Durante a xornada haberá tamén unha mosta de oficios e costumes tradicionais do grupo de Portadores de Tradición Oral San Tirso del Eo.

Turismo Galicia